Capítulo I

Disposicións xerais: denominación, ámbito territorial e profesional, duración, domicilio e fins

 Artigo 1º.- Ó abeiro da  Lei 19/1977, de 1 de Abril, reguladora do dereito da Asociación Sindical, constitúese a “ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS, COMERCIANTES E TRABALLADORES AUTÓNOMOS DE RIVEIRA”.

Artigo 2º.- A “Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Riveira” terá ámbito local, integrando ós Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Riveira.

Artigo 3º.- A Asociación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 4º.- A Asociación goza de personalidade xurídica e plena capacidade de obrar necesaria para o cumplimento dos seus fins.

 Artigo 5º.- A Asociación ten fixado o seu domicilio na Rúa Rosalía de Castro, nº 13, Entreplanta, de Riveira (A Coruña), sen prexuicio de que a Xunta Directiva poida acordar, en calquer intre, o cambio a outro lugar, así como establecer as delegacións e representacións que considere máis convintes.

 Artigo 6º.- Constitúen os fins primordiais da Asociación:

 a) A representación, defensa, e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus afiliados.

 b) Fomenta-la solidaridade dos empresarios afiliados, promocionando e creando servicios comúns de naturaleza asistencial.

 c) Programar as accións necesarias para acadar melloras sociales e económicas dos seus afiliados.

 d) Organizar unha constante labor formativa e de promoción cultural dos seus afiliados.

 e) Fomentar a prevención dos riscos laborais entre as empresas e traballadores afiliados.

 f) Defender e promociona-la actividade comercial dos seus asociados.