Capítulo II

 

DOS SOCIOS: DEREITOS E DEBERES

Artigo 7.- Poderán afiliarse á Asociación os empresarios que desenrolen a súa actividade no ámbito territorial de ésta, e que reúnan as condicións profesionais ás que se refire o Artigo 2º, coa única condición de acata-los presentes Estatutos.

 Artigo 8.- O ingreso na Asociación será voluntario; e en calquer intre poderán os asociados deixar de pertencer á mesma notificándollo por escrito á Xunta Directiva con unha antelación de dez días a fecha da baixa. As altas e as baixas faranse constar nun libro constituido ó efecto. A baixa na asociación non dará dereito ó socio a solicitar indemnización de nengún tipo durante ó seu período de afiliación agás que a Asamblea Xeral dispuxera algunha particularidade ó respecto.

Artigo 9.- A afiliación a Asociación leva inherente o pago da cota que se fixe pola Asamblea Xeral á proposta da Xunta Directiva, e de conformidade cos presentes Estatutos.

Artigo 10.- Os socios terán os seguintes dereitos:

 a) Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimiento dos sus fines.

 b) Disfrutar de tódalas ventaxas e beneficios ca Asociación poida obter.

 c) Participar nas Asambleas con voz e voto.

 d) Ser electores e elexibles para os cargos direitivos.

 e) Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación, podendo solicitar certificacións sobre os mesmos.

 f) Facer suxerencias ós membros da Xunta Directiva no orde do mellor cumprimento dos fins da Asociación.

 Artículo 11.- Os socios terán as siguientes obrigas:

 a) Cumpli-los presentes Estatutos e os acordos válidos das Asambleas e da Xunta Directiva.

 b) Abona-as cotas que se fixen.

 c) Asistir as Asambleas e demáis actos que se organicen.

 d) Desempeñar, no seu caso, as obrigas inherentes ó cargo que ocupen.

 Artigo 12.- A Xunta Directiva da Asociación poderá acordar a expulsión da algún dos seus socios por algunha das causas seguintes:

a) Incumprimento das obligación establecidas nos Estatutos.

b) Incumprimento dos acordos adoptados pola Asamblea Xeral ou pola Xunta Directiva na esfera dos suas respectivas competencias.

c) O incumprimento das obligacións económicas que para o sostemento da Asociación se houbera establecido. Contra o acordo de expulsión o asociado poderá formular recurso perante a Asamblea Xeral nun prazo de quince días, que reformará ou ratificará a decisión deixando en este caso aberta á vía jurisdiccional competente.