Capítulo III

Dos órganos de goberno

Artigo 13.- O goberno da Asociación estará a cargo da Asamblea Xeral e Xunta Directiva.

Artigo 14.- A Asamblea Xeral está constituída por tódolos afiliados que houberan satisfeito as cotas establecidas reglamentariamente.

Artigo 15.- A Asamblea Xeral válidamente constituída é o órgano soberano da Asociación, e os seus acordos adoptados con arreglo a estos Estatutos son obrigatorios para os seus afiliados.

Artigo 16.- As Asambleas Xerais poderán ser Ordinarias ou Extraordinarias.

        A Asamblea Xeral Ordinaria celebrarase unha vez cada ano; e a Extraordinaria cando o soliciten alomenos dez afiliados ou por acordo da Xunta Directiva.

Artigo 17.- As Asambleas Xerais Ordinarias e Extraordinarias convocaranse por comunicado do Presidente da Asociación, mediante notificación personal e escrita a todo-los afiliados con quince (15) días naturales de antelación a data señalada para a reunión expresándose, si procedera, a data e hora en que terá lugar a reunión en segunda convocatoria. A comunicación poderá ser entregada na man, ou remitirse por carta, ou mediante correo electrónico.

      A comunicación da convocatoria consignará o lugar, local, data e hora na que haxa de celebrarse a Asamblea, así coma os asuntos que se haxan de tratar segundo a “Orde do Día” acordada pola Xunta Directiva.

      A Xunta Directiva, no apartado de “Rogos e Preguntas”, recollerá toda-las propostas que se formulen polos afiliados. Asimismo, por razóns de urxencia, poderán debatirse cuestións plantexadas no curso da reunión, se así o decide un mínimo do vinte por cento (20%) dos asistentes á misma.

Artigo 18.- A Asamblea Xeral quedará validamente constituida na primeira convocatoria cando se atopen presentes e representados a metade máis un dos membros; e en segunda, calquera que fora o número de asistentes.

Artigo 19.- A presidencia de toda-las Asambleas Xerais corresponde ó Presidente da Asociación, e na súa ausencia, ó Vicepresidente.

     A Mesa da Asamblea quedará constituida polo Presidente, Secretario e Tesoreiro da Asociación, ou os seus respectivos suplentes, podendo integrala toda a Directiva. Actuará como Secretario o da propia Xunta Directiva.

      Os acordos que por votación adopte a Asamblea Xeral seranno por maioría simple salvo naqueles casos nos que os Estatutos esixan maioría cualificada. A modalidade das votacións quedará a criterio da Mesa da Asamblea, excepto nos casos na que a Asamblea decida por unanimidade outra modalidade.

      Cada afiliado o corrente no pago das suas cuotas ten dereito a un voto, e na sua ausencia pode delega-lo noutra persoa debidamente autorizada.

Artigo 20.- Son funcións e competencias da Asamblea Xeral:

 a) Aprobar e/ou reformar os Estatutos.

 b) Aprobar os programas e plans de actuación da Xunta Directiva.

 c) Adoptar acordos relativos a representación, gestión e defensa dos intereses da Asociación e dos seus afiliados cando estos acordos excedan a competencia da Xunta Directiva.

 d) Elexir e revogar o mandato do Presidente da Asociación, así coma a duración do seu mandato e o dos membros da Xunta Directiva. A votación en este caso será libre e segreda.

 e) Confirmar os membros da Directiva elexidos polo Presidente.

 f) Coñecer a xestión da Xunta Directiva.

 g) Aprobar as cotas ordinarias, extraordinarias e específicas que haxan de satisfacer os afiliados de conformidad coas propostas que elabore a Xunta Directiva.

 h) Aproba-los presupostos e liquidacións de cuentas.

 i) Acorda-la baixa dos membros da Asociación.

 j) Decidir sobre a conveniencia de fusión, asociación ou confederación con outros Entes similares á Asociación.

 k) Acorda-la adquisición o enaxenación de bens inmuebles da Asociación. Esta clase de acordos requerirá a maioría absoluta de votos.

 l) Coñecer e resolver as reclamación e recursos formulados polos asociados.

 ll) Aprobar e modificar o Reglamento de Réximen Interior da Asociación.

 m) Acordar a creación de Seccións dentro da propia Asociación.

 n) Acordar a disolución da Asociación.

 Artigo 21.- Das reunións da Asamblea Xeral levantarase acta extendéndose nun libro ó efecto, firmado polo Presidente e Secretario.

 Artigo 22.-  A Xunta Directiva reunirase en sesión ordinaria alomenos unha vez ó trimestre. Tamén reunirase en sesión extraordinaria nos casos en que os solicite a terceira parte dos seus compoñentes ou o decida o Presidente pola súa propia iniciativa.

      O Presidente da Xunta Directiva, que será o da Asociación, convocará ós seus membros sempre que sexa posible con oito (8) días naturales de antelación a data fixada para a reunión, con remisión da Orde do Día comprensivo dos asuntos a tratar. Por razóns de urxencia poderanse tratar asuntos non contidos no mesmo.

 Artigo 23.- A Xunta Directiva considerarase validamente constituída cando concurran a reunión a metade máis un dos seus membros, e estén presentes o Presidente e o Secretario ou quenes os sustitúan.

Para a adopción dos acordos requerirase o voto favorable da metade máis un dos membros da Xunta Directiva asistentes.

As disolucións e acordos das sesións tanto ordinarias coma extraordinarias da Xunta Directiva, faranse constar en Actas que, firmadas polo Presidente e o Secretario, levaranse ó correspondente Libro de Actas.

Artigo 24.- A Xunta Directiva terá as seguintes facultades e funcións:

a) A execución e cumplimento dos acordos da Asamblea Xeral.

 b) Realizar e dirixir as actividades da Asociación necesarias para o exercicio e desenrolo dos seus fins.

 c) Propoñer á Asamblea Xeral os programas de actuación xeral e específicos, e realizar os xa aprobados dando conta do seu cumplimento á Asamblea Xeral.

 d) Elexir entre os seus compoñentes ó Secretario, Tesoreiro e Contador da Asociación, así como aos seus respectivos suplentes.

 e) Presentar á Asamblea Xeral os orzamentos, balances, liquidacións das contas e propostas de cotas para a súa aprobación.

 f) Elabora-la Memoria Anual da Actividades someténdoa para á sua aprobación á Asamblea Xeral.

 g) Decidir en materia de cobros e ordenación de pagos e expedición de libramentos.

 h) Inspeccionar a contabilidade, así como a mecánica de cobros e pagos, sen prexuicio das facultades do Contador e Tesoreiro.

 i) Inspeccionar e velar polo normal funcionamento dos servicios.

 j) Adoptar acordos referentes á contratación de bens e servicios, exercicio de accións e outorgamento de poderes.

 k) Realizar informes e estudios de interés para os afiliados.

 l) Nos casos de extrema urxencia adoptar decisións sobre asuntos cuxa competencia corresponda á Asamblea Xeral, dando conta delo na primeira sesión  que ésta celebre.

 Artigo 25.- O Presidente da Asociación será elexido ou revogado no seu mandato pola Asamblea Xeral, e presidirá ésta e a Xunta Directiva.

 Artigo 26.- Son funcións e atribucións do Presidente:

 a) Presidir tódolos órganos da Asociación.

 b) Dirixi-los debates e o orden das reunións, e executar os acordos. En caso de empate terá voto de calidad.

 c) Representar á Asociación; subscribir contratos; outorgar poderes; executar toda clase de accións tan ampliamente como no dereito sexa posible coa debida autorización da Directiva.

 d) Convocar as reunións da Xunta Directiva e Asamblea Xeral.

 e) Propoñer á Xunta Directiva o nombramento de cargos técnicos que sexan necesarios para as actividades da Asociación, así como nombrar ós compoñentes de Comisións  Sectoriales. Tal función pode ser delegada nun membro da Directiva.

 f) Delegar, de maneira accidental ou permanente, unha ou varias das súas funcións en algún membro da Directiva.

 g) Adoptar en caso de urxencia as decisións que estime adecuadas para a mellor defensa da Asociación e dos seus membros, dando conta no máis breve prazo posible á Xunta Directiva ou Asamblea Xeral, según a competencia do asunto.

 h) Rendir anualmente informes da súa actuación ante a Asamblea Xeral.

 Artigo 27.- O Vicepresidente asistirá ó Presidente no exercicio  das súas atribucións, e de acordo por delegación do mesmo adoptará as decisións concernentes ós asuntos que se lle encomenden.

 Nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade do Presidente, sustituirao coas mesmas facultades que éste, e desempeñará a vacante da Presidencia entanto se realiza nova elección.

 Artigo 28.- O Secretario da Asociación levantará acta das reunións que celebren os órganos da mesma, e terá ó seu cargo a dirección de persoal e dos servicios.