Capítulo IV

Das seccións

 

Artigo 29.- No seno da “Asociación de Empresarios, Comerciantes, e Traballadores Autónomos de Riveira”, poderá crearse unha o varias Seccións con carácter sectorial ou plurisectorial, que teñan por obxeto a mellor xestión dos fins da Asociación nun ámbito específico.

Artigo 30.- Cada Sección poderá ter unha denominación propia, pero en ningún caso gozará de personalidade xurídica propia independiente da Asociación.

Artigo 31.- O funcionamento e organización internos de cada Sección rexerase mediante regulamento que haberá de ser aprobado pola Asamblea Xeral a proposta da Xunta Directiva.