Capítulo V

Do Réxime Económico

Artigo 32.- Os recursos financieiros da Asociación estarán integrados por:
a) As cuotas dos membros da Asociación.
b) As donacións e legados en favor da mesma.
c) As subvencións que poidan serlle concedidas.
d) As ventas dos seus bens e valores.
e) Os ingresos procedentes da venta de publicacións e de prestacións de servicios.
f) Calesqueira outros recursos obtidos de conformidad coas disposicións legais e preceptos estatuarios. Por cada exercicio económico formarase o presupuesto ordinario de ingresos e gastos, con suxeición ás normas contidas nos presentes Estatutos.

Artigo 33.- A Xunta Directiva determinará as normas para a administración e contabilidade, sendo ordenador de pagos o Presidente da Asociación. O contador intervendrá todos os documentos de cobros e pagos; supervisará a contabilidade, e o Tesoreiro coidará da conservación de tódolos fondos na forma que dispoña a Xunta Directiva e firmará tódolos documentos de cobros e pagos. Tódolos asociados terán dereito a coñece-la situación económica da Asociación e a ser informados a través dos órganos de representación da mesma.