Capítulo VI-VII

 

DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 34.- A Asociación disolverase cando o acorde a Asamblea Xeral co voto favorable dos dous tercios dos afiliados.

 No acordo de disolución establecerase o destino que haxa de darse aos bens, dereitos, instalacións e servicios, da Asociación que puideran quedar despois de atendidas as obligacións pendentes.

Artigo 35.- De non acordarse outra cousa pola Asamblea Xeral, actuarán de liquidadores os membros da Xunta Directiva.

 TÍTULO VII

MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS

Artigo 36.- Os presentes Estatutos poderán ser modificados en virtude do acordo da Asamblea Xeral, co voto favorable dos dous tercios (2/3) dos afiliados.

O proxecto de modificación deberá ser proposto alomenos por unha terceira parte dos asociados ou pola Xunta Directiva. Os socios serán notificados cunha antelación mínima de 20 días, e poderán recollelo na sede da Asociación, ou descargalo da páxina web da mesma.

 

En Riveira a 30 de Xuño de 2011.