Presentación

A Asociación de Empresarios de Riveira é unha entidade multisectorial con personalidade xurídica propia, constituida en novembro de 1979. Conta co respaldo das principais empresas riveirenses, algunhas das cales se atopan entre as máis importantes do tecido industrial galego.

 

 

A Asociación nace co ánimo de defender os intereses comúns dos asociados ante diversos organismos públicos e privados, ao tempo que se promociona a formación e información aos seus membros sobre aqueles aspectos de indubidable importancia para a súa actividade.

 

A entidade, entre o seu persoal, conta cos servizos dunha administrativa, especializada en temas laborais, un asesor xurídico e un licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Ofrecen, de forma gratuita para os socios, servizos de asesoramento laboral, contable, fiscal e xurídico, xestión ante os organismos e formación a través de cursos.