Vantaxes de ser socio

Entre as numerosas vantaxes de pertencer á asociación, poden citarse:

  • Difusión de información empresarial: cambios lexislativos, novos convenios, noticias de interese,...
  • Información sobre axudas e subvencións para empresas.
  • Posibilidade de asistir a cursos de formación orientados a mellorar a capacidade competitiva das empresas.
  • Asesoría xurídica.
  • Convenios de colaboración: A Asociación ten asinados diversos convenios de colaboración con outras entidades, mediante os que se pretende que os socios se beneficien dunhas condicións máis vantaxosas.
  • Iniciativa VIAMARE: é unha actuación de grupo, que desenvolve unha estratexia comercial conxunta da zona de Riveira

Convenios con entidades colaboradoras:

  • Convenios cos bancos están pendientes de renovación.
  • Estación de servizo Santa Uxía (SHELL): situada na Avenida da Coruña, proporciona un desconto de 3.5 céntimos de euro por cada litro de combustible e outras vantaxes.
  • Estación de servizo Agro do Forno (AVANTI): situada en Salmón-Oleiros, ofrece un desconto de 4.5 céntimos de euro por litro de combustible, entre outras vantaxes.
  • Asesoría Dosil e Gago Asesores: ofrece descontos especiais en produtos de contabilidade e asesoría fiscal e laboral.
  • Convenio de salud con Mapfre en medasalud. Asisistencia sanitaria, a través da federación Galega de Comercio.
  • Parking de O Rueiro: ofrece prezos especiais en alugueres mensuais de prazas de garaxe.
  • Consultoría Bioambiental: ofrece prezos especiais en todos os seus servizos.
  • Optica Riveira: desconto en gafas graduadas e en gafas de sol. Controles oculares e revisión optométrica gratuitas.Consultar condiciones en el establecimiento.
  • CLT CONSULTORES: Precios máis ventaxosos nos servicios que esta empresa presta: Implantación da Lei de Protección de datos, Implantación de Normas ISO, Normas OSHASS, Asesoramento para preparación de documentación para contratación pública, formación de todo tipo

Viamare, Centro Comercial Aberto de Riveira

A Asociación de Empresarios de Riveira promove a implantación dun centro comercial aberto, Viamare, coa idea de promocionar o conxunto comercial e de servizos da nosa cidade.

  • ¿Que é un Centro Comercial Aberto (C.C.A.)?
    Un conxunto de establecementos comerciais que forman parte dunha zona urbana consolidada e que, entre outros aspectos, crea e mantén permanentemente unha imaxe común, uns servizos conxuntos e unha xestión unitaria.
  • ¿Por que é importante para un negocio?
    • Facilita servizos técnicos, abarata custos, participa en campañas e accións de marketing conxuntas, ofrece formación e reciclaxe para o persoal,...
    • Actúa na mellora de aspectos que afectan á capacidade de vender do negocio e sobre os que non se actúa individualmente como o acondicionamento de rúas, mellora da limpeza, seguridade, animación,...
  • ¿Como se vai conseguir?
    • Mellorando o atractivo e o poder de atracción da zona.
    • Incrementando a promoción e os servizos ao cliente.
    • Apoiando a mellora da competitividade e profesionalización das empresas, comercios e establecementos que participen.

A Asociación será a encargada de xestionar este plan, no que poden participar todos os socios que cumpran as condicións establecidas. O custo de participación será o da cota actual como socio (salvo nalgúns casos nos que haberá que aportar un plus por accións promocionais). O plan en ningún momento fiscaliza ou controla a xestión do negocio.