Viamare

viamare

Viamare, Centro Comercial Aberto de Riveira

A Asociación de Empresarios de Riveira promove a implantación dun centro comercial aberto, Viamare, coa idea de promocionar o conxunto comercial e de servizos da nosa cidade.

  • ¿Que é un Centro Comercial Aberto (C.C.A.)?
    Un conxunto de establecementos comerciais que forman parte dunha zona urbana consolidada e que, entre outros aspectos, crea e mantén permanentemente unha imaxe común, uns servizos conxuntos e unha xestión unitaria.
  • ¿Por que é importante para un negocio?
    • Facilita servizos técnicos, abarata custos, participa en campañas e accións de marketing conxuntas, ofrece formación e reciclaxe para o persoal,...
    • Actúa na mellora de aspectos que afectan á capacidade de vender do negocio e sobre os que non se actúa individualmente como o acondicionamento de rúas, mellora da limpeza, seguridade, animación,...
  • ¿Como se vai conseguir?
    • Mellorando o atractivo e o poder de atracción da zona.
    • Incrementando a promoción e os servizos ao cliente.
    • Apoiando a mellora da competitividade e profesionalización das empresas, comercios e establecementos que participen.

A Asociación será a encargada de xestionar este plan, no que poden participar todos os socios que cumpran as condicións establecidas. O custo de participación será o da cota actual como socio (salvo nalgúns casos nos que haberá que aportar un plus por accións promocionais). O plan en ningún momento fiscaliza ou controla a xestión do negocio.