PREMIOS CLIENTES CONCURSO ESCAPARATES NADAL

PREMIOS CLIENTES CONCURSO ESCAPARATES NADAL

O 2025 é o NÚMERO GAÑADOR do sorteo emprendido polo Concello de Riveira e a Asociacion Empresarios Riveira entre todos os participantes nos Concursos de Escaparatismo e Decoración Hostaleira de Nadal.

O gañador ou gañadora recibirá un VALE DE 100 EUROS para investir no comercio local. Dispón ata o 5 de febreiro para poder reclamar este premio na sede da Asociación de Empresarios, onde deberá entregar a matriz que corresponda ao número agraciado. 

No caso de non aparecer, se abrirá un novo prazo de 15 días naturais co segundo dos 10 números escollidos ao azar que figuran na imaxe, neste caso o 2073, e así sucesivamente ata a entrega do premio.