Axudas Autónomos

Xov, 29/05/2014 - 10:18

No DOG do 27 de maio sae publicada a convocatoria de subvencións de autónomos.
Poderán beneficiarse aqueles que se deron ou se vaian dar de alta dende o 01/10/2013 ata o 30/09/2014.
Poderán obter axudas que oscilan entre os 5.000 e os 10.000 € dependendo das características do autónomo.
Terán que xustificar un investimento mínimo de 3.000 € e terán que permanecer como mínimo 2 anos de autónomos.
Este ano crean unha nova convocatoria exclusiva para autónomos menores de 30 anos que ademais das condicións anteriores tamén poderán beneficiarse dunha subvención de 1.200 €, sen necesidade de que teñan que xustificar o investimento esixido de 3.000 €.

A FEB é punto PAE (Puntos de Atención ao Emprendedor), polo que se ofrece para dar máis información sobre esta convocatoria, incluíndo a tramitación das solicitudes e tamén as propias altas empresariais dos autónomos no caso de non terse producido. Máis información no seu teléfono: 981848216.