AXUDAS COMERCIO

Mar, 12/08/2014 - 14:55

Axudas ao comercio para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante minorista e artesanal galego (DOGA nº145 de 1 Agosto de 2014). IMPORTANTE : O prazo límite para a solicitude é o 01/09/2014.

Toda a información da axuda a pode atopar no DOG: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140801/AnuncioCA04-290714-0003_es.html

Os gastos subvencionables  para os comercios retallistas son:

- Ferramentas que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus produtos, e que non fosen utilizados polo establecemento/obradoiro con anterioridade.Investimento máximo subvencionable: 4.300,00 €. Porcentaxe subvencionable: 70 %

- Desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetaxe, di­rixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto.Investimento máximo subvencionable: 10.000,00 €. Porcentaxe subvencionable: 70 %.

-  Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, po­ñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos.Investimento máximo subvencionable: 6.000,00 €. Porcentaxe subvencionable: 70 %.

- Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda.Investimento máximo subvencionable: 36.000 €. Porcentaxe subvencionable: 70 %.

Non serán subvencionables os seguintes conceptos:

– Obras para o acondicionamento do local.

– Medidas orientadas á mellora de imaxe exterior.

– Adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade.

– Ordenadores, TPV.

– Bolsas convencionales.

– Os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

Para ampliar información ou para calquer consulta poden chamarnos as oficinas da Asociación.