AXUDAS REMUDA COMERCIO

Mar, 12/08/2014 - 14:58

Adxuntamos información relativa a subvencións para fomentar a remuda comercial en Galicia

-Enlace DOGA nº 145 do 01/08/2014 http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140801/AnuncioCA04-230714-0004_gl.html

Mais información en :  - www.transmisioncomercial.com

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para fomentar a remuda comercial

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto facilitar a remuda co­mercial dos pequenos comerciantes individuais autónomos que transmitan o seu negocio a un terceiro, asegurando a súa continuidade e fomentando a rexeneración do tecido comercial.

Os establecementos debe cumprir os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.

b) Ter unha idade mínima de 64 anos cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

c) Exercer, como titular do comercio, unha ou varias das actividades comerciais relacio­nadas no anexo II, de forma ininterrompida durante os últimos dez anos.

d) Estar dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos de forma ininterrompida e ter cotizado á Seguridade Social un período previo tal que lle permita completar o período de carencia exixido para causar dereito á pensión de xubilación, polo menos ao chegar á idade ordinaria de xubilación.

e) Designar a persoa física continuadora da actividade, con capacidade legal para exer­cer o comercio.

f) Que figure inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

 

As contías da subvención serán as seguintes:

a) Os transmisores que teñan a idade ordinaria para causar a pensión de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comer­ciais que se posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñeran desenvolven­do, que se fixa na cantidade de setecentos euros (700 €).

b) Os transmisores que non teñan acadada a idade ordinaria de xubilación percibirán un pagamento único, con independencia do número de establecementos comerciais que se posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñeran desenvolvendo, a razón de setecentos euros (700 €) mensuais ata o último mes en que cumpran a idade ordinaria de xubilación legalmente establecida, contados desde o mes seguinte a causaren baixa comercial.

c) Os adquirentes do negocio comercial percibirán un pagamento único de dous mil eu­ros (2.000 €), con independencia do número de establecementos que adquiran.

4. Durante o período de percepción das axudas reguladas nesta orde, os transmisores beneficiarios quedarán coa obriga de cotizar no correspondente réxime da Seguridade Social.

 

Prazo: Un mes contado dende o día seguinte ao da publicación da orde.

Data fin de prazo: 01/09/2014

 

Para ampliar información ou para calquer consulta poden chamarnos as oficinas da Asociación.