Horarios De Apertura E Peche HostelarÍa

Mar, 22/02/2005 - 01:00

Orde do 14 de febrero de 2005 pola que se determinan os horarios de apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, ampliou as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, transferíndolle con carácter exclusivo a relativa a espectáculos públicos. Polo Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, prodúcese o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia na dita materia.

A Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Decreto 336/1996, do 13 de setembro, asumiu as competencias na citada materia, asignándollas á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Neste decreto facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o seu desenvolvemento e adoptar as medidas precisas para a plena efectividade e executividade das funcións traspasadas.

Na súa virtude, véñense regulando, mediante as correspondentes ordes, os horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A denominación e numeración dos espectáculos públicos e actividades recreativas axústase ao establecido no Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recretativas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 245, do 20 de decembro).

Así mesmo, o Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar, establece a previsión de que o horario de apertura e peche de salóns recreativos e de xogo será fixado por orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Tendo en conta a experiencia maioritariamente positiva e pacífica no cumprimento daqueles, e a conveniencia de compatibilizar os intereses sociais e económicos dos sectores afectados co interese público xeral, procede fixar os horarios que rexerán a apertura e peche de espectáculos e establecementos públicos na comunidade autónoma, que comprenden dous períodos, un de inverno e outro de verán, coas datas correspondentes a ambos os dous.

Por todo o anterior,DISPOÑO:
Artigo 1º.-Fixación de horarios. Os espectáculos e festas rematarán e os establecementos públicos poderán exercer a súa actividade, como máximo, ata as horas sinaladas que seguen a continuación: Horario de inverno (desde o 1 de outubro ao 31 de maio):

  • 1. Espectáculos públicos.
    • 1.1. Espectáculos cinematográficos.
    • 1.1.1. Cines tradicionais: 1.00 h.
    • 1.1.2. Multicines: 1.00 h.
    • 1.1.3. Cines de verán ou ao aire libre: 1.00 h.
    • 1.1.4. Autocines: 1.00 h.
  • 1.2. Espectáculos teatrais e musicais.
    • 1.2.1. Teatros: 1.00 h.
    • 1.2.2. Teatros ao aire libre ou eventuais: 1.00 h.
    • 1.2.3. Auditorios: 1.00 h.
    • 1.2.4. Auditorios ao aire libre e eventuais: 1.00 h.
    • 1.2.5. Salas de actuacións: 1.00 h.
  • 1.3. Espectáculos taurinos: ata as 22.30 horas.
  • 1.4. Espectáculos circenses.
    • 1.4.1. Circos: 0.00 h.
  • 1.5. Espectáculos feirais
    • 2.1. Actividades culturais e sociais.
      • 2.1.1. Museos: 22.00 h.
      • 2.1.2. Bibliotecas: 3.00 h.
      • 2.1.3. Bibliotecas móbiles: 23.00 h.
      • 2.1.4. Ludotecas: 21.00 h.
      • 2.1.5. Videotecas: 22.00 h.
      • 2.1.6.Hemerotecas: 22.00 h.
      • 2.1.7. Salas de conferencias: 1.00 h.
      • 2.1.8. Salas de exposicións: 23.00 h.
      • 2.1.9. Salas polivalentes e multiusos: 1.00 h.
      • 2.1.10. Salas dedicadas á celebración de cineclubs: 1.00 h.
      • 2.1.11. Pazos de exposicións e congresos: 1.00 h.
    • 2.2. Actividades recreativas destinadas aos menores de idade.
      • 2.2.1. Centros de ocio infantil: 21.00 h.
      • 2.2.2. Áreas de xogo en centros comerciais: 22.00 h.
      • 2.2.3. Áreas de xogo con aparellos de uso infantil: 22.00 h.
    • 2.3. Actividades deportivas.
      • 2.3.1. Estadios deportivos: 1.00 h.
      • 2.3.2. Pavillóns deportivos: 1.00 h.
      • 2.3.3. Recintos deportivos: 1.00 h.
      • 2.3.4. Pistas de patinaxe: 1.00 h.
      • 2.3.5. Ximnasios: 1.00 h.
      • 2.3.6. Piscinas de competición: 1.00 h.
      • 2.3.7. Piscinas recreativas: 1.00 h.
      • 2.3.8. Vías públicas usadas para probas deportivas: 1.00 h.
    • 2.4. Parques de atraccións e atraccións recreativas.
      • 2.4.1. Parques de atraccións e temáticos: 00.00 h.
      • 2.4.2. Parques acuáticos: 00.00 h.
    • 2.5. Actividades recreativas e de azar.
      • 2.5.1. Casinos de xogo: 4.00 h.
      • 2.5.2. Salas de bingo: 4.00 h.
      • 2.5.3. Salóns de xogo de máquinas de azar, tipo A, A especial e tipo B: 1.00 h.
      • 2.5.4. Salóns recreativos de máquinas de azar, tipo A: 00.00 h.
      • 2.5.5. Hipódromos: 23.00 h.
      • 2.5.6. Tómbolas e similares: 2.30 h.
    • 2.6. Actividades de ocio e entretemento.
      • 2.6.1. Salas de festa: 4.30 h.
      • 2.6.2. Discotecas: 4.30 h.
      • 2.6.3. Salas de baile: 4.30 h.
      • 2.6.4. Pubs: 3.00 h.
      • 2.6.5. Karaoke: 3.00 h.
      • 2.6.6. Cibercafé, salóns cíber e similares: 1.00 h.
      • 2.6.7. De exhibicións especiais: 2.00 h.
    • 2.7. Actividades de restauración.
      • 2.7.1. Restaurantes: 1.30 h.
        2.7.1.1. Salóns de banquetes: 2.30 h.
      • 2.7.2. Bar, café-bar: 1.30 h.

      • 2.7.2.1. Tablaos flamencos: 1.30 h.

    • 2.7.3. Cafetaría: 2.00 h.
      2.7.3.1. Cafés-teatro, cafés-concerto, cafés-cantante: 2.00 h.
      2.7.3.2. Locais de restauración con horario especial en función do persoal ao que van dedicados: o horario que autorice a dirección xeral responsable en materia de espectáculos, tendo en conta as necesidades dos profesionais ás que van dirixidas.
  • 2.8. Exhibición de animais.
    • 2.8.1. Zoolóxicos: 23.00 h.
    • 2.8.2. Acuarios: 23.00 h.
    • 2.8.3. Recintos de exhibición cabalar e outras especies: 23.00 h.
  • 2.9. Festexos e celebracións populares.
    • 2.9.1. Solta de novelos: 19.00 h.
    • 2.9.2. Verbenas e festas populares: 2.30 h.
    • 2.9.3. Carrilanas: 19.00 h.


    Horario de verán (desde o 1 de xuño ao 30 de setembro).

    • 1. Espectáculos públicos.
      • 1.1. Espectáculos cinematográficos.
        1.1.1. Cines tradicionais: 2.00 h.
        1.1.2. Multicines: 2.00 h.
        1.1.3. Cines de verán ou ao aire libre: 2.00 h.
        1.1.4. Autocines: 2.00 h.
    • 1.2. Espectáculos teatrais e musicais.
      • 1.2.1. Teatros: 2.00 h.
      • 1.2.2. Teatros ao aire libre ou eventuais: 2.00 h.
      • 1.2.3. Auditorios: 2.00 h.
        1.2.4. Auditorios ao aire libre e eventuais: 2.00 h.
        1.2.5. Salas de actuacións: 2.00 h.
      • 1.3. Espectáculos taurinos: 22.30 horas.
      • 1.4. Espectáculos circenses
        • 1.4.1. Circos: 1.00 h.
      • 1.5. Espectáculos feirais.
        • 1.5.1. Recintos feirais: 1.00 h.
      • 2. Actividades recreativas