NOITE ABERTA RIVEIRA VERÁN 2017

Ven, 09/06/2017 - 09:54
Arquivos adxuntos: 

Este sábado 10 de Xuño de 2017 terá lugar en Riveira a X edición de NOITE ABERTA, onde máis de 30 establecementos van participar nun día cheo de diversión e descontos especiais. Ademáis de inchables para os máis pequenos que estarán situados na praza do Concello de 11:30h. a 13:30h. e de 18:30h a 20:30h. teremos animación nas rúas co grupo XOLDRA RACHADA de 20:00h a 22:00h.

Durante todo o día teremos distintas actuacións grazas ó XUÑO CULTURAL E DAS ARTES organizado pola Consellería de Cultura do noso Concello, tales como:

COPA SÁLVORA DE FÚTBOL BASE. CATEGORÍA INFANTIL. Nos campos de fútbol do Complexo Deportivo da Fieiteira, a partir das 09:00 h. Sálvora Club de Fútbol e Concellería de Deportes. • EXPOSICIÓN “X PREMIO DE BANDA DESEÑADA CASTELAO”. Sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira. Ata o 25 de xuño en horario de visitas de 10:00 a 14:00 h e de 19 a 21 h de luns a venres e sábados de 11:00 a 14:00 e de 19:00 a 21:00 h. Entrada gratuíta. Concellería de Cultura de Riveira e Deputación da Coruña. • CAMPIONATO GALEGO DE KEMPO. Á partir das 10:00 h no Polideportivo Alcalde Torres Colomer de Palmeira. – Club Kempo Barbanza. • CAMPIONATO PROVINICAL DE PATINAXE. Á partir das 10:30 h no Polideportivo de Sirves. – Club Patinaxe Riveira. • MASTER CLASS DE BAILE MODERNO (HIP-HOP), ZUMBA, KIZOMBA, ZOUK E BAILE LATINO. De 10:30 a 12:00 h. Para nenos e mozos de 10:30 a 11:30 h e para adultos de 11:30 a 12:30 h. Na Academia, rúa Alcalá Galiano – Escola de Baile El Tomasón. • ENCONTRO DE PALILLEIRAS DE A REDONDA VELLA. MOSTRA DE ENCAIXE E VAINICA a partir das 11:00 da mañá na Praza do Concello durante todo o día con música, demostración de palillo, exposición de traballos, etc. Con palilleiras chegadas de distintos lugares de Galicia.– Asociación Cultural A REDONDA VELLA coa colaboración de As Revolteir@s. • INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN COLECTIVA “RIVEIRA” de varios artistas. Pintura, escultura, artesanía, fotografía, técnicas mixtas... Tenda-Galería O Faiado (R/ de Galicia), ás 12:30 h. Tenda-Galería O Faiado. • EXHIBICIÓN DE BAILE LATINO E SALÓN (PASODOBLE, SALSA...) E OUTRAS DISCIPLINAS-CLASE ABERTA. De 12:30 a 13:30 h, na Rúa Alcalá Galiano. Asociación HAVEIRA. • JRAN FINAL BATALLAS DE JALOS HIP HOP BARBANZA + CONCERTO SORPRESA. No Parque de San Roque (anfiteatro), a partir das 18:30 h. – Asociación Xuvenil Flor de Toxo e Colectivo H-H Barbanza. CONCERTO DA CORAL MUNICIPAL DE RIVEIRA. Ás 20:00 h, no Auditorio Municipal. Dirixida por Enrique Paisal Rego. As entradas gratuítas poderanse retirar ½ h antes do concerto no propio auditorio. – Coral Polifónica Municipal de Riveira. 

Animamos a todos os veciños e veciñas da nosa bisbarra a visitar Riveira, e a MERCAR, AFORRAR e APOIAR AO PEQUENO COMERCIO.