SUBV. INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO

Xov, 12/06/2014 - 17:40

No DOG 11/06/2014 sae publicada a convocatoria de subvencións a "iniciativas emprendedoras e de emprego".
Esta é semellante á de autónomos -que se convocou recentemente- destinada neste caso a empresas de nova creación, tendo que ser necesariamente sociedades (agás sociedades civís, cooperativas, laborais e comunidades de bens) sempre e cando os promotores (máximo 5) sexan persoas físicas e como mínimo o 50 % do capital da sociedade sexa de promotores que antes de constituir a sociedade estivesen ou estean desempregados (con tarxeta de demanda) e creasen ou creen o seu propio posto de traballo.
Esta orde acollerá ás empresas constituídas a partir do 1 de outubro de 2013 ou que vain facelo ata o 30 de setembro de 2014, sendo as contías da subvención a partir de 4.000 €. Máis informacións nas nosas oficinas.