Subvención Calderas Biomasa

Xov, 15/05/2014 - 13:17

Bos días remitovos información por si fora do voso interese.

 

O DOG de hoxe publica unha convocatoria de axudas para fomentar a utilización de caldeiras de biomasa. O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quentamento dun fluído mediante equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible. Serán subvencionables:
1. O custo do equipamento térmico e os seus accesorios.
2. O custo do sistema de almacenamento de combustible.
3. O custo do sistema de alimentación de combustible.
4. O custo de montaxe e conexionado.
Os beneficiarios poden ser as administracións locais, as persoas físicas, institucións sen ánimo de lucro, pequenas e medianas empresas e as agrupacións e asociacións.
O importe máximo subvencionable será do 75% tanto para as persoas físicas como para as pemes.
As solicitudes hai que cumplimentalas a través da aplicación informática da Xunta (procedemento MR707A).
O prazo de presentación de solicitudes remata o 16/06/2014.
O prazo de resolución está establecido nun mes a partir da data de presentación (non é concorrencia competitiva, iranse aprobando expedientes según se vaian presentando).
O prazo de xustificación do investimento rematará o 31/10/2014.

 

Un saúdo.