subvención para la apertura de nuevos comercios

Mar, 04/02/2014 - 09:57

 

No DOG de hoxe martes 4 de febreiro sae publicada unha "nova" convocatoria de subvencións da D. X. de Comercio da Xunta de Galicia que promove o emprendemento no sector comercial incentivando as aperturas de novos establecementos comerciais producidas dende o 01/11/13 ao 30/06/14. O prazo de presentación de solicitudes é o 30/06/14.
As actuacións subvencionables (acondicionamento do local, equipamento ou tecnoloxías da información e comunicación) teñen como límite 20.000 € e subvención o 50 %.
O procedemento é de concorrencia competitiva polo que puntuarán aspectos como: uso de tpv, estar adherido ao sistema arbitral de consumo, pertencer a unha asociación de comerciantes, o concello onde está ubicado ou se a persoa emprendedora é muller ou procede do desemprego.