Subvencion Autónomos

Ven, 23/08/2013 - 11:33
Arquivos adxuntos: 

Achégase a convocatoria de subvencións a autónomos correspondente ao 2013 publicada no DOG de onte xoves.

Poderán beneficiarse todos aqueles que se deron de alta a partir do 11/09/12, que terán un mes de prazo para presentar a solicitude. 

 

Tamén cubrirá as altas producidas dende hoxe ata o 30/09/13. Antes da alta terían que estar inscritos no Servicio de Emprego Público (coa tarxeta de demanda). E terán un mes de prazo para presentar  a solicitude có limite do 30/09/13.

As contías de subvención oscilarán entre os 5.000 € e os 10.000 € dependendo do colectivo ao que pertenza (home, muller, mozo, etc...).

Terán que xustificar un investimento mínimo en inmobilizado material ou intenxible de 3.000 € realizado no período comprendido entre 3 meses antes e 6 meses despois da data de alta.

No caso de seren subvencionados terán que estar como mínimo 2 anos en activo.

Para máis información e cumprimentación do impreso podedes pasar pola asociación de Empresarios ou chamarnos.