SUBVENCION RETORNADOS EMPRENDEDORES

Xov, 12/06/2014 - 11:50

Queremos informaros que ata o 30 de setembro permanece aberto o prazo de presentación de solicitudes para acollerse ás subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para emigrantes retornados emprendedores, compatibles coas que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar e o IGAPE, das que tamén se poden favorecer os retornados.

Son, por tanto, unha oportunidade importante para tod@s aquel@s que queiran ubicar fisicamente a súa empresa -ou abrir unha delegación da xa existente- na Galicia territorial.

Achegámosvos ligazón á web http://emigracion.xunta.es/axudas-os-as-emprendedores-as-retornados-as na que se pode atopar máis información ao respecto.