SUBVENCIONS PARQUE NATURAIS

Xov, 30/05/2013 - 18:55
Arquivos adxuntos: 

As actuacións subvencionables, dentro do perímetro do parque nacional, serán do tipo de soterramento de alxibes, mellora de fosas sépticas, puntos limpos e outras semellantes, neste caso a subvención será do 100% do gasto subvencionable con un máximo de 9.000€  para asociación, particulares, ou calquera entidade distinta do concello.

Iniciativas públicas ou privadas destinadas á conservación ou restauración do patri­monio arquitectónico, sempre que presenten un manifesto valor histórico-artístico ou cul­tural a escala local, neste caso a subvención será do 100% do gasto subvencionable con un máximo de 9.000€  para asociaciones, particulares, ou calquera entidade distinta do concello.

 

As actuacións subvencionables serán do tipo recuperación de hórreos, fornos comunais e outras semellantes, neste caso a subvención será do 100% do gasto subvencionable con un máximo de 9.000€  para asociaciones, particulares, ou calquera entidade distinta do concello.

Iniciativas privadas destinadas á posta en marcha de actividades económicas rela­cionadas co parque nacional, en particular, as relacionadas coa prestación de servizos de atención a visitantes e a comercialización dos produtos artesanais, neste caso a subvención será do 100% do gasto subvencionable con un máximo de 9.000€  para asociaciones, particulares, ou calquera entidade distinta do concello.

 

As actuacións subvencionables serán do tipo de empresas de rutas guiadas, mergullo recreativo-educativo, promoción de actividades no inverno e outras semellantes.

Iniciativas privadas destinadas a manter ou a recuperar a tipoloxía construtiva tradi­cional ou acadar as condicións exixidas para a concesión da cédula de habitabilidade, dos edificios que se atopan en terreos do interior do perímetro do parque nacional e teñen unha antigüidade de mais de 50 anos, cuxo uso está directamente relacionado coa actividade produtiva asociada ao sector primario ou constitúen a primeira residencia dos/das seus/ súas propietarios/as ou son utilizados polos/as solicitantes dunha concesión, segundo o Decreto 174/2010, do 1 de outubro, que regula o procedemento para outorgamento das concesións da Illa de Ons, neste caso a subvención ser ado 80% do gasto subvencionable con un máximo de 6.000€ para asociaciones, particulares ou calquera entidade distinta do concello.