Xornada Gain Riveira

Lun, 03/02/2014 - 10:45
Arquivos adxuntos: 

Achégase información sobre a xornada "Convocatorias 2014 de apoio ás pemes" que a Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración coa FEB  e a Asociación vai celebrar o vindeiro luns 10 de febreiro de 12 a 14 h. no local da Asociación de Empresarios de Riveira (R/Rosalía de Castro, 13 ent.)
Como se pode comprobar no programa tamén o IGAPE estará presente para explicar os instrumentos de apoio ás pemes que ofrece este organismo.
Considerando a importancia dos contidos a tratar e dos prazos das convocatorias (algunhas xa rematan ao longo deste mes de febreiro) solicitamos a máxima difusión da xornada.
As empresas interesasadas en inscribirse poden facelo no propio enlace do programa.
Un saúdo.

Asociación de Empresarios de Riveira