OUTONO CON PREMIOS 2026




BASES SORTEO “OUTONO CON PREMIOS 2026”.

 

1.-OBXETO E PARTICIPACIÓN

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE RIBEIRA pon en marcha un sorteo dirixido a tódolos clientes que merquen e consumen nos establecementos asociados. Os participantes neste sorteo deben ser maiores de idade, sendo a súa participación gratuita e sen contraprestación algunha. O obxectivo fundamental da campaña é incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira.

 

2.-DURACION E ÁMBITO

A promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día  7 ó 19 de outubro de 2026. A forma de participar será mercando e consumindo en calquer establecemento socio.

O sorteo realizarase o Venres 16 de outubro ás 12:00h no local da Asociación de Empresarios.

Esta mecánica pode ser modificada a criterio da Directiva a AER en calquer momento.

 

3.- DINÁMICA E FUNCIONAMENTO

Nesta campaña poderán participar tódolos consumidores maiores de idade, que se rexistren a tal efecto seguindo as indicacións detalladas seguidamente neste apartado, e que realicen unha compra ou consumición por calquera importe nos establecementos participantes nesta campaña, sempre e cando a compra se realice durante as datas de duración da campaña. Isto é, do 7 o 15 de outubro de 2026.

Os consumidores participantes deberán en todo caso conservar o ticket da compra ou consumición realizada, a fin de dispoñer dun xustificante.

 

A forma de participar será a seguinte:

 

O consumidor/cliente poderá rexistrarse para participar nesta campaña na pestaña “Sorteos” na web da Asociación de Empresarios de Ribeira www.empresariosriveria.com, efectuando o correspondente rexistro da compra ou consumición realizada, que lle dará dereito a unha participación no sorteo. No rexistro deberá quedar perfectamente identificada a operación de compra/consumición realizada e o cliente ou consumidor. So poderán facer un rexistro por operación de compra/consumición, e cada operación rexistrada, equivale a unha participación. Cantas máis compras/consumicións fagan nos establecementos participantes, máis participacións poderán obter e máis posibilidades de gañar. A realización do sorteo terá lugar de xeito telemático mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre tódolos participantes, ata conseguir os gañadores dos premios.

 

O consumidor/cliente/usuario rexistrado na campaña, poderá optar aos premios con varias participacións se é o caso, pero unha vez agraciado cun premio, xa non poderá optar a ningún máis na mesma edición, podendo obter polo tanto cada cliente/consumidor un único premio.

Así mesmo, nesta campaña só poderá saír un premio por establecemento participante.

 

4.-PREMIOS

  • 100 € en vales de compra, repartidos en dous premios de 50 € cada un, para gastar nos establecementos comerciais e hostaleiros participantes. O importe dos vales deberá ser gastado nos establecementos participantes como data límite o 30 de novembro de 2026.

 

  • 1 entrada para dúas persoas para o Auditorio de Ribeira, o día 7 de novembro de 2026, para asistir á obra “Coaches de choque”.

 

5.-ACEPTACIÓN

A participación no sorteo conleva a expresa aceptación e sometimento ás Bases do mesmo, así como a autorización para publicar o nome dos gañadores e fotos na páxina web da AER, redes sociais, e medios de prensa escrita local, nacional e internacional sin que elo conleve compensación económica algunha a favor dos agraciados.

Non obstante ó anterior, os interesados poderán en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, oposición e no seu caso, cancelación, previstos na LO 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal, mediante comunicación escrita, cos seus datos, dirixida a Asociación de Empresarios de Ribeira, Rosalía de Castro, 13 15960 Ribeira.

AER resérvase o dereito exclusivo de modificar, reemplazar, complementar e/ou rectificar as presentes bases, que serán publicadas.33