CAMPAÑA DIA DA NAI 2024




CAMPAÑA DÍA DA NAI 2024

Bases:

1.-OBXETO E PARTICIPACIÓN

A ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE RIBEIRA pon en marcha un sorteo dirixido a tódolos clientes que merquen e consumen nos establecementos asociados participantes nesta campaña. Os participantes neste sorteo deben ser maiores de idade, sendo a súa participación gratuita e sen contraprestación algunha. O obxectivo fundamental da campaña é incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista  e hostalería de Ribeira.

2.-DURACION E ÁMBITO

A promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día 19 de abril ó 05 de maio de 2024. A forma de participar será mercando e consumindo en calquer establecemento socio participante e subindo o ticket a http://empresariosriveira.com/sorteo.asp

Os sorteos realizaranse o luns 06 de maio ás 13:00h no local da Asociación de Empresarios.

Esta mecánica pode ser modificada a criterio da Directiva a AER en calquer momento.

3.- DINÁMICA E FUNCIONAMENTO

Nesta campaña poderán  participar tódolos consumidores maiores de idade, que se rexistren a tal efecto seguindo as indicacións detalladas seguidamente neste apartado, e que realicen unha compra ou consumición por calquera importe nos establecementos participantes nesta campaña, sempre e cando a compra se realice durante as datas de duración da campaña. Isto é, do 19 de abril ao 05 de maio de 2024.

Os consumidores participantes deberán en todo caso conservar o ticket da compra ou consumición realizada, a fin de dispoñer dun xustificante.

A forma de participar será a seguinte:

1- O consumidor/cliente poderá rexistrarse para participar nesta campaña na pestaña “Sorteos” na web da Asociación de Empresarios de Ribeira www.empresariosriveria.com ,  efectuando o correspondente rexistro da compra ou consumición realizada, que lle dará dereito a unha participación no sorteo. No rexistro deberá quedar perfectamente identificada a operación de compra/consumición realizada e o cliente ou consumidor. So poderán facer un rexistro por operación de compra/consumición, e cada operación rexistrada, equivale a unha participación. Cantas máis compras/ consumicións fagan nos establecementos participantes, máis participacións poderán obter e máis posibilidades de gañar.

A realización dos sorteos terá lugar de xeito telemático mediante un código programado que elexirá aleatoriamente aos agraciados de entre tódolos participantes, ata conseguir os gañadores do premio e un suplente para cada un.

O consumidor/cliente/usuario rexistrado na campaña, poderá optar aos premios con varias participacións se é o caso, pero unha vez agraciado cun premio, xa non poderá optar a ningun máis na mesma edición; neste caso non poderá ser a mesma persona a premiada e o suplente. Tampouco poderá repetirse o establecemento que reparta un premio.

4.-PREMIOS

Os premios destas campaña serán:

-Compras por valor de 1.000€ menos a retención dos impostos obligatorios. Este premio ten que ser gastado un día en concreto a determinar entre a Asociación e a/o premiada/o nos establecementos participantes nesta campaña, como data máxima o 31 de maio de 2024. O importe deste premio obligatoriamente ten que ser gastado nos tres sectores que participan nesta campaña: comercio, hostalería e restauración. Para repartir o premio entre varios participantes, como máximo o premiado pode gastar 100€ en cada un dos establecementos elexidos para gastar o premio.

-20 Entradas para unha sesión de “Masterclass de Estilismo”.

-4 cestas da compra valoradas en 50€ cada unha.

5.-ACEPTACIÓN

A participación no sorteo conleva a expresa aceptación e sometimento ás Bases do mesmo, así como a autorización para publicar o nome dos gañadores e fotos na páxina web da AER, redes sociais, e medios de prensa escrita local, nacional e internacional sin que elo conleve compensación económica algunha a favor dos agraciados.

Non obstante ó anterior, os interesados poderán en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, oposición e no seu caso, cancelación, previstos na LO 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal, mediante comunicación escrita, cos seus datos, dirixida a Asociación de Empresarios de Riveira, Rosalía de Castro, 13 15960 Riveira.

AER resérvase o dereito exclusivo de modificar, reemplazar, complementar e/ou rectificar as presentes bases, que serán publicadas.